Compromiso coas enerxías limpas
Desde Instalaciones Mopisca estamos apostando polas enerxías limpas, nun compromiso co medio ambiente, e tamén na procura da rendibilidade para os nosos clientes.
Por iso ademais de realizar as instalacións, tamén tramitamos a documentación para solicitar as posibles axudas públicas e subvencións que haxa dispoñibles. Infórmese con nós sobre os prazos e as convocatorias existentes.
Realizamos a instalación e o mantemento de paneis de enerxía solar térmica para a produción de auga quente sanitaria e para o aquecemento da auga de piscinas climatizadas.
Tamén instalamos calefaccións que empregan enerxías limpas, como a producida por biomasa ou por xeotermia.